mércores, 30 de novembro de 2016

PRÓXIMAMENTE... CONTOS POR NADAL

Está a piques de comezar a semana dos "Contos por Nadal", na que todas as clases contarán e recibirán un conto. Polo momento, aquí vos deixamos unhas fotiños de como algunhas das voluntarias traballan arreo no cartel que presidirá a nosa Biblioteca durante esa semana. Picade na foto para ver mais



UN RECREO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes un dos recreos na biblioteca. Nenos e nenas lendo, observando, compartindo... e como non os nosos voluntarios facendo préstamos. Pica na foto para ver mais.


INFANTIL INVADE A BIBLIOTECA

Aquí tedes algunha das imaxes dos nenos e nenas de infantil realizando unha lectura libre na súa hora de Biblioteca mentres os seus compañeiros realizan o préstamo dos libros. Se picades na imaxe poderedes ver mais fotos.

  PICA AQUÍ


xoves, 24 de novembro de 2016

MALETAS VIAXEIRAS

Acabamos de recibir desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia a MALETA VIAXEIRA PARA AS FAMILIAS. 




Esta MALETA contén unha selección de materiais e recursos para axudar ás familias na educación dos vosos fillos/as. O contido desta maleta está nos expositores da entrada á dirección así que non perdades ocasión de reservar o material que vos interese. Só teremos a maleta durante UN MES e o único que tedes que facer para levar o material é notificalo na secretaría do cole.

Aquí vos deixamos o enlace onde poderedes consultar o contido da nosa maleta viaxeira:



A NOSA BIBLIOTECA ANTES DO PLAMBE

Aquí vos deixamos o estado actual da nosa biblioteca. Está xeitosiña, pero podémola mellorar. Pouco a pouco iremos amosando os novos cambios. Esperamos que vos gusten.




luns, 14 de novembro de 2016

RIMAS DO SAMAÍN

Cada clase foi quen de compoñer e deseñar unha rima de aspecto e contido terrorífico.