domingo, 4 de xuño de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS A TRAVÉS DA RADIO MUNICIPAL DE TUI

O colexio de Chancelas quixo contaxiar a súa paixón lectora con outras persoas e a Radio Municipal de Tui deixounos levar a cabo esta experiencia tan bonita en colaboración con outros coles.

Primeiro creamos un club de lectura grazas á colaboración da mestra de música, escollemos libros para ler ao longo das semanas, e unha vez lidos, comentámolos e puxemos en común as nosas sensacións despois da lectura.

A continuación, fixemos un breve resumo e unha reseña do autor, dando paso ao primeiro borrador, que fomos mellorando pouco a pouco. Finalmente, pasamos o borrador definitivo a formato guión, asignando o que vai dicir cada neno/a.

Despois desta primeira parte do traballo, tivemos que gravarnos como profesionais e incluir a música e outros sons que amenizasen a nosa gravación. E por último... a escoitalo na radio.

Aquí tedes os últimos programas que realizamos:






Ningún comentario:

Publicar un comentario