martes, 20 de febreiro de 2018

PROGRAMA RADIO: 
HISTORIA DA BICICLETA DUN HOME LAGARTO

Os nenos e nenas de 5º traballamos na área de música o libro Historia da bicicleta dunhome lagarto, de Fina Casalderrey.
Despois de ler o libro, fixemos un guión para elaborar o programa de radio. A continuación, gravamos e buscamos músicas para amenizar o noso programa.
Finalmente editámolo... e agora a escoitar esta recomendación lectora dos nenos e nenas de 5º.

martes, 13 de febreiro de 2018

FAMILIArízate COA BIBLIOTECA: OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

Aquí vos deixamos unha selección de fotos do noso segundo obradoiro das tardes adicado ao Maquillaxe de Entroido. Unha vez mais agradecemos a participación das familias no mesmo e, sobre todo, a Ana a nai de Inés de 5 anos que se encargou de facer estas fermosas maquillaxes. Ana, eres toda unha ARTISTA!!!

Animádevos a participar e ofrecer as vosas habiblidades, coñecementos, afección...

Picade na foto para acceder a mais fotos

CONTOS CON AMOR

Aquí vos deixamos a selección que fixeron os voluntarios da nosa biblioteca sobre contos para celebrar o San Valentín.


domingo, 11 de febreiro de 2018

DÍA DA PAZ

Un curso mais toda a escola uniuse para celebrar o Día da Paz. Cada neno e nena de cada clase, seguindo as suxestións da Casa Rosada do Concello de Poio, adornou un bote de cristal e meteu dentro bonitas palabras para celebrar este día escollendo as que mais nos gustan e as que nos gustaría escoitar.

Picade na foto para acceder a mais fotos